O ciclo de cultura contemporánea Nexos contou este sábado na Cidade da Cultura con dous referentes da banda deseñada e da animación en Galicia, Alberto Vázquez e Manel Cráneo, que analizaron as claves da explosión creativa que están a vivir ambas disciplinas, nas que eles dous teñen un amplo recoñecemento con tres Premios Goya, o primeiro; e un Premio Nacional de Cómic, o segundo.
O ciclo de cultura contemporánea Nexos volve este vindeiro sábado, día 24 de febreiro, á Cidade da Cultura de Galicia para analizar as claves da explosión creativa na banda deseñada e animación en Galicia. Para iso, contará con dous galegos, referentes en ambas disciplinas: Alberto Vázquez, gañador de tres Premios Goya, e Manel Cráneo, Premio Nacional de Cómic e creador do coñecido proxecto Planeta Mincha.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, e o presidente do Centro Galicia de Bos Aires, José María Vila Alén, asinaron esta mañá un acordo en virtude do cal o cadro A derradeira leición do mestre, unha das obras máis senlleiras pintadas por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, sairá por primeira vez de Arxentina para ser exhibida en Galicia.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, e o director do Instituto Cervantes, Juan Manuel Bonet, inauguraron esta tarde en Madrid a exposición Baldomero Pestana. A verdade entre as mans, nun acto ao que asistiu tamén o director de Relacións Culturais e Científicas da AECID, Roberto Varela.
A exposición José Suárez. Uns ollos vivos que pensan exhíbese desde hoxe e ata o 8 de abril na Hospedería Fonseca, da Universidade de Salamanca, co gallo da celebración do VIII centenario desta institución senlleira, tras terse amosado en Madrid, Bos Aires, Montevideo, París, Toquio e Nova Delhi.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 174
- 175
- 176
- 177
- 178
- 179
- 180
- 181
- 182
- …
- seguinte ›
- última »




