Fantasía de Nadal. Escenografías dos circos de inverno

Vinde mergullarvos este Nadal no universo de todos os personaxes míticos dos circos de inverno. Queremos que tiredes proveito destas festas familiares para que pequenos e os que non o sodes tantos sintades unha vez máis, ou por primeira vez, que tamén formades parte de gran familia do Circo.

Fantasía de Nadal permitiravos gozar nun mesmo espazo –o Hall de Tirantes do Museo Centro Gaiás– das escenografías más impactantes dos circos de inverno, pertencentes a grandes espectáculos de creación propia da compañía galega 'La Fiesta Escénica' que teñen percorrido teatros e espazos de todo o mundo.

Esta exposición divídese en tres seccións: escenografías e personaxes de contos clásicos; pezas de grandes espectáculos creados para o Nadal; e elementos circenses que amosan elementos de acrobacias e máis disciplinas do mundo do circo.                           

Trátase dunha oportunidade única para a descuberta de como é o deseño do vestiario, da construción de voluminosas e fantásticas estruturas ou a fabricación de marionetas ou de animais de contos.  

 
Exposicións
 
Do 16 de marzo ao 14 de outubro de 2018
De 10 a 20 horas
27 Abr - 2 Set 2018
De 10 a 20 horas