Sala de prensa

 
Santiago, 31 de Marzo de 2016

A Cidade da Cultura recibiu 2.090.479 visitas desde a súa apertura ao público en 2011. O número de visitantes ao Gaiás non deixou de medrar neste período de cinco anos. De feito, o ano pasado acadouse a cifra récord de 479.418 visitas, o que supón un 45% máis que no 2011, cando foi inaugurada polos entón Príncipes de Asturias e hoxe Reis de España.

Santiago, 29 de Marzo de 2016
Obradoiros artísticos

A Cidade da Cultura convoca a oitenta cidadáns a participar nun proxecto de creación artística que terá lugar no marco da exposición Con-fío en Galicia e que se organizará en forma de obradoiros dirixidos por catro artistas contemporáneas: Chelo Matesanz, Melania Freire, Lula Goce e Carolina Cruz Guimarey, coordinados por Neves Seara e Andrea Barreira.

Santiago, 28 de Marzo de 2016
JJosé Suárez. Uns ollos vivos que pensan

A exposición José Suárez. Uns ollos vivos que pensan, que se pechou ao público o domingo na Cidade da Cultura, partirá a Madrid para ser acollida polo Instituto Cervantes, que aposta polo fotógrafo galego para a súa exposición principal no seu emblemático edificio da Calle Alcalá na temporada de verán. 

Santiago, 18 de Marzo de 2016
Xoves Emprendedores

O Centro do Emprendemento do Gaiás, da man de Reverso Comunicación, pon en marcha o programa Xoves Emprendedores. Levántate e anda, unhas charlas nas que aprender do fracaso, comprobando que dunha mala experiencia é posible chegar a un proxecto de éxito.

Santiago, 12 de Marzo de 2016
Con-Fío en Galicia

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, destacou esta mañá no Encontro de Bloggers de Moda que acolleu a Cidade da Cultura con motivo da exposición Con-fío en Galicia a importancia das novas linguaxes e formas de comunicación no desenvolvemento do sector téxtil-moda galego e na consolidación da ‘marca Galicia’.

Páxinas