As xornadas Atlantic Emprende + Gaiás, encontros destinados a profesionais, estudantes, emprendedores e empresas do sector musical, comezaron hoxe na Cidade da Cultura con dous paneis centrados por unha banda en novas estratexias de promoción e marca e, por outra, no rol da música no desenvolvemento dos territorios e a súa influencia no sector turístico. A música de Caxade e Rapariga DJ pecharon a primeira xornada dun evento que continúa na tarde do domingo.
O estado actual do patrimonio galego, os problemas que o ameazan e os incentivos que en materia de conservación e coidado se están a rexistrar —como a crecente sensibilidade social— foron abordados na Cidade da Cultura de Galicia, polo reputado investigador científico Felipe Criado-Boado na sesión de Nexos deste sábado que levaba por título Confín dos verdes castros... O patrimonio e a identidade de nós.
A Cidade da Cultura de Galicia súmase á celebración do Día das Artes Galegas (1 de abril) organizando obradoiros familiares para o sábado día 7 ao redor do arquitecto galego Alejandro de la Sota (Pontevedra, 1913 – Madrid, 1996), a quen se homenaxea na efeméride deste ano.
A fin de semana do 24 e 25 de marzo a Cidade da Cultura acolle as xornadas profesionais Atlantic Emprende+Gaiás, destinadas a promover a formación, reflexión e debate arredor dos retos e oportunidades do sector musical.
A Cidade da Cultura de Galicia inaugurou hoxe, coincidindo coa celebración do Día da Árbore, Betula Pendula, unha intervención paisaxística con bidueiros nas Torres Hejduk.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 170
- 171
- 172
- 173
- 174
- 175
- 176
- 177
- 178
- …
- seguinte ›
- última »




