Desde o vindeiro 16 de abril e ata o 25 de maio, unha vintena de mozos e mozas menores de 30 anos á procura de ampliar e mellorar as súas competencias profesionais poderán formarse na Cidade da Cultura en desenvolvemento de videoxogos e creatividade dixital.
Este mes de abril a Cidade da Cultura de Galicia conta cunha nova sesión de Nexos, desta vez, para achegarnos a mesta herdanza da cultura árabe e musulmá, a súa enorme pluralidade interna, ao seu contexto xeopolítico e aos seus conflitos sociais actuais. Unha análise que procura afastarse dos clixés e tópicos da man da socióloga Gema Martín Muñoz, unha das maiores autoridades na materia.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convida as familias a vir gozar o sábado 21 de abril ao Gaiás de Cidade Imaxinaria, a tradicional xornada lúdica familiar que desde hai oito anos se celebra todos os agostos na Cidade da Cultura e que, este ano, se festexa por partida dobre tamén en primavera para dar a benvida a esta estación.
O mes de abril arranca sempre cunha relevante data como é o Día das Artes Galegas, que este ano se lle dedica a Alejandro de la Sota (Pontevedra, 1913 – Madrid, 1996), e a Cidade da Cultura de Galicia súmase a esta homenaxe ao arquitecto pontevedrés —do que tivemos unha mostra dos seus deseños na exposición Da árbore á cadeira— coa celebración este sábado, día 7, de obradoiros familiares para achegar dun xeito divertido e didáctico a pegada das súas cr
A Cidade da Cultura de Galicia oferta para esta semana festiva un atractivo programa de actividades que inclúe visitas comentadas diarias nas que descubrir a arquitectura do complexo deseñado por Peter Eisenman e ata tres exposicións, todo con entrada de balde.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 169
- 170
- 171
- 172
- 173
- 174
- 175
- 176
- 177
- …
- seguinte ›
- última »




