O reguetón feminista e combativo das madrileñas Tremenda Jauría suporá este sábado, día 18, un divertido e comprometido alfinete festeiro para pechar o Atardecer no Gaiás de 2018.
Atardecer no Gaiás chega xa á penúltima semana da súa edición 2018. Nesta ocasión, o ciclo de concertos que pon a banda sonora aos solpores do verán na Cidade da Cultura trae tres apostas orixinais, sorprendentes e reivindicativas chegadas de tres recantos da Península: Rodrigo Cuevas (Asturias), Pony Bravo (Andalucía) e Las Odio (Madrid).
A Cidade da Cultura convida as familias a gozar dunha nova edición de Cidade Imaxinaria, o tradicional festival lúdico e familiar que desde hai oito anos chega todos os agostos ao Gaiás –e que en 2018 por primeira vez ampliou a súa programación cunha edición de primavera o pasado mes de abril–.
A Cidade da Cultura programa para as noites dos venres de final do verán unha descuberta diferente e distendida das grandes exposicións que acolle arestora o Museo Centro Gaiás: Baldomero Pestana, a verdade entre as mans e Galicia Universal. A arte galega nas colección de ABANCA e Afundación.
O ciclo de concertos ao solpor Atardecer no Gaiás continúa nesta calorosa primeira semana de agosto con tres propostas tranquilas e ben diferentes para musicar os xoves, venres e sábados do verán na Cidade da Cultura. O encargado de pórlle banda sonora á primeira das citas deste agosto 2018 será Yuri Méndez, co seu proxecto Pajaro Sunrise. O traballo do cantante, músico, compositor e produtor nado en León oscila entre o pop, o folk e a música electrónica cantada en inglés.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 149
- 150
- 151
- 152
- 153
- 154
- 155
- 156
- 157
- …
- seguinte ›
- última »




