Sala de prensa

 
Santiago, 01 de Agosto de 2018

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, agradeceu hoxe a xenerosidade e altura de miras da familia López López, propietaria do arquivo do Pazo de Pardiñas (Lalín) ao doar este fondo documental ao Arquivo de Galicia, localizado na Cidade da Cultura. O titular do departamento de Cultura da Xunta de Galicia explicou que a decisión permite que este legado arquivístico inédito estea, de hoxe en adiante, a disposición do conxunto dos galegos e, con particular interese, dos investigadores.

Santiago, 31 de Xullo de 2018

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subliñou esta mañá que o Bosque de Galicia dota Santiago do maior espazo verde con árbores autóctonas da Galicia atlántica. Coas súas 34 hectáreas, o bosque, que acaba de rematar a súa plantación, multiplica por seis a superficie que ten a alameda da capital galega.

Santiago, 27 de Xullo de 2018

A Biblioteca de Galicia achégase á arte galega do século XX cunha selección de autógrafos da colección ABANCA. Faino a través da exposición temporal As escrituras dos artistas. Autógrafos de pintores galegos na colección ABANCA, que se exhibe desde hoxe e ata o vindeiro 27 de outubro na Cidade da Cultura de Galicia.

Santiago, 24 de Xullo de 2018

O ciclo de concertos ao solpor Atardecer no Gaiás despide o mes de xullo coa estrea en Galicia da Queen Symphony, reinterpretación de carácter sinfónico dos éxitos da mítica banda inglesa, composta en 2002 por Tolga Kashif. Será da man da Banda Artística de Merza acompañada polo coro vigués Gli Appassionati.

Santiago, 20 de Xullo de 2018
Participantes no EAN 2017

A Cidade da Cultura deu a coñecer hoxe os nomes dos 40 creadores e creadoras emerxentes que foron seleccionados para participar no seu VIII Encontro de Artistas Novos #EAN8. Nesta residencia artística no Gaiás –que terá lugar entre o 26 e o 30 de agosto– poderán dar a coñecer o seu proxecto creativo, así como intercambiar experiencias profesionais con outros artistas emerxentes e consolidados, comisarios ou prensa especializada.

Páxinas