A Cidade da Cultura de Galicia bota a andar hoxe a segunda semana de Escenas do cambio, o festival de inverno de teatro, danza e arte en acción do Gaiás, e faino cunha peza creada ‘ex profeso’ para a escaleira helicoidal do Museo do Pobo Galego por Isidoro Valcárcel (Murcia, 1937), un dos pioneiros da ‘performance’ en España e que conta cunha traxectoria creativa de máis de 40 anos que lle valeu os máximos recoñecementos como son o Pr
Escenas do cambio, o festival de inverno de teatro, danza e arte en acción da Cidade da Cultura, permitirá ver esta fin de semana a obra MDLSX da compañía italiana MOTUS que vén precedida de excelentes críticas de medios de prestixio internacionais como ‘The Guardian’ ou ‘The New York Times’.
O Festival de inverno de teatro, danza e arte en acción da Cidade da Cultura, Escenas do cambio, levanta mañá o pano no Gaiás para dar a coñecer durante dez días as propostas máis innovadoras e arriscadas das creacións da vangarda internacional —Vera Mantero, Ligia Lewis, Tino Sehgal, María Salgado & Fran MM Cabeza de Vaca, François Chaignaud, Marco Berrettini e MOTUS—; da española —Esther Ferrer e Isidoro Valcárcel— e como non, da galega.
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asistiu ao festival infantil de curtametraxes Pequefilmes, que reúne esta fin de semana na Cidade da Cultura a preto de 2000 nenos e nenas e promove a cultura audiovisual desde as idades máis novas.
A Biblioteca de Galicia celebrará o Día da Ilustración o próximo mércores 30 de xaneiro poñendo en valor a obra do artista vigués Federico Ribas Montenegro, protagonista desta data que promove a Consellería de Cultura e Turismo, en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), a través do Calendario do libro e da lectura 2019.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 145
- 146
- 147
- 148
- 149
- 150
- 151
- 152
- 153
- …
- seguinte ›
- última »




