A Cidade da Cultura comeza a súa celebración do Nadal esta fin de semana cun programa cargado de actividades para que a cativada da casa descubra as tradicións coas que se conmemoran estas festas noutras partes do mundo. O Museo Centro Gaiás abriu as súas portas esta tarde transformado nunha Cidade do Nadal engalanada coa luz e as cores propias desta época do ano.
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez González, anunciou esta mañá que a Xunta de Galicia organizará no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura a exposición máis ambiciosa realizada até o momento sobre a historia do fútbol galego. A mostra, titulada Valor e mestría.
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez González, anunciou esta mañá que as obras para a construción do Edificio Fontán, na Cidade da Cultura de Galicia, comezarán o próximo luns, cumprindo así co calendario establecido que prevé a súa finalización no último trimestre de 2020 e a súa posta en marcha no Xacobeo 2021.
A Fundación Cidade da Cultura presentou hoxe no Culturgal, a feira das industrias creativas, un avance da súa programación de inverno, na que os nenos e nenas terán un papel destacado, especialmente nos meses do Nadal. Obradoiros creativos, cinema e unha grande árbore de Nadal para decorar en común sobresaen entre as actividades se poderán gozar no Gaiás.
O recital da Coral Polifónica de Pontevedra deste sábado, día 1, no Museo Centro Gaiás ofrece a oportunidade case única de poder ver un dos panos deseñados á formación por Alfonso D. Rodríguez Castelao.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 148
- 149
- 150
- 151
- 152
- 153
- 154
- 155
- 156
- …
- seguinte ›
- última »




