A Cidade da Cultura prepárase para transformarse na capital mundial do xadrez a partir deste domingo, coa celebración do Campionato Mundial de Xadrez das categorías sub-8, sub-10 e sub-12. O evento reunirá ás mellores promesas deste deporte, tanto galegas como internacionais.
O proxecto Stay here, do sevillano Alejandro Ginés, resultou gañador da VI Concurso de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk, convocado entre os e as participantes do Encontro de Artistas Novos (EAN) 2018.
A Biblioteca Pública Municipal do concello de Camariñas acaba de ser galardoada co Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia polo proxecto O berberecho rebecho viaxa a La Turballe. Este galardón, que convocou por primeira vez a Consellería de Cultura e Turismo este 2018, implica unha dotación económica de 3.000 euros e un distintivo de biblioteca innovadora.
A Cidade da Cultura e a Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra (AJE Pontevedra) veñen de renovar o a súa colaboración para impulsar o emprendemento no Gaiás. A directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo, e o presidente de AJE Pontevedra, Pablo Fernández López, ratificaron esta mañá o convenio que dá continuidade ao acordo asinado hai un ano entre ambas institucións, nun acto celebrado na sede da asociación en Pontevedra.
A Cidade da Cultura de Galicia celebra a tarde deste sábado, día 27, a súa primeira foliada de outono co seu xa consolidado, na programación cultural, Magosto no Gaiás.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 151
- 152
- 153
- 154
- 155
- 156
- 157
- 158
- 159
- …
- seguinte ›
- última »




