Sala de prensa

 
Santiago, 30 de Outubro de 2014

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, destacou esta mañá en rolda de prensa o “extraordinario impacto do Womex na proxección da música galega no exterior”, cun balance de 400 reunións de artistas e produtoras galegas con profesionais internacionais, abríndose oportunidades en mercados tan interesantes como Estados Unidos, Reino Unido, Iberoamérica, Israel ou Francia.

Santiago, 21 de Outubro de 2014

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, adiantou esta mañá a programación expositiva que acollerá a Cidade da Cultura nesta recta final de ano e ao longo do vindeiro 2015, co Museo Centro Gaiás como aglutinador desta oferta cultural.

Santiago, 10 de Outubro de 2014

A Cidade da Cultura de Galicia convértese este sábado, 11 de outubro, nun improvisado circuíto de atletismo no que unhas 900 persoas reivindicarán os beneficios do deporte para a sociedade. 

Santiago, 09 de Outubro de 2014

A Cidade da Cultura acollerá por segundo ano consecutivo o Curso Superior de Sumiller Profesional do Instituto Galego do Viño, iniciativa coa que se pretende avanzar na profesionalización dun sector punteiro na economía galega.

Santiago, 01 de Outubro de 2014

Unha app de xeolocalización de espazos culturais para smartphone, unha firma de deseño de pezas téxtiles únicas e unha cooperativa de traballo para profesionais de xestión e creación contemporánea. Estes son os tres gañadores da segunda convocatoria dos premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, promovidos pola Fundación Cidade da Cultura para poñer en marcha ideas innovadoras no mundo das industrias culturais, que vén de fallar a consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Páxinas