Sala de prensa

 
Santiago, 21 de Abril de 2015

A Cidade da Cultura celebra do sábado 16 ao luns 18 de maio o Día Internacional dos Museos con xornadas de portas abertas e un día enteiro de actividades únicas, divertidas e de balde para toda a familia, baixo o patrocinio de Vodafone, colaborador da exposición Camiño. A orixe. 

Santiago, 16 de Abril de 2015

Uruguai importa o Encontro de Artistas Novos ‘Cidade da Cultura’ (EAN) promovido por Cultura e Educación e que desde setembro de 2011 se celebra no Gaiás co obxectivo de que creadores emerxentes dean a coñecer os seus traballos e debatan con outros axentes ao redor da arte contemporánea.

Santiago, 27 de Marzo de 2015

A Cidade da Cultura pon en escena unha orixinal versión do Romeo e Xulieta de William Shakespeare interpretada pola Real Filharmonía de Galicia e monicreques de gran formato.

Santiago, 13 de Marzo de 2015

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse á exposición Camiño. A orixe como mostra da satisfacción que sente Galicia por ser a orixe do mundo xacobeo, “unha cultura de portas abertas que recibe e exporta influencias”. “Podemos afirmar con orgullo que Compostela e a Ruta Xacobea son un dos principais motivos de inspiración cultural universal. Boa proba diso é a procedencia do que aquí se expón.

Santiago, 03 de Marzo de 2015

A concelleira de Economía, Reyes Leis, e a xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González-Loroño, asinaron hoxe no Pazo de Raxoi un convenio de colaboración para a programación de actividades conxuntas de fomento do investimento e da cultura emprendedora que se celebrarán ao longo do ano na propia Cidade da Cultura.

Páxinas