Sala de prensa

 
Santiago, 16 de Marzo de 2018
Inaugurada a mostra ‘Galicia Universal. A arte galega nas coleccións de ABANCA e Afundación’

 

A Cidade da Cultura acolle desde este venres, 16 de marzo, a mostra máis ambiciosa realizada, ata o momento, sobre a arte galega: Galicia Universal. A arte galega nas coleccións de ABANCA e Afundación. A exposición presenta unha selecta escolma de 192 obras procedentes das dúas coleccións corporativas de arte máis senlleiras da comunidade e entre as máis importantes de España.

Santiago, 14 de Marzo de 2018

Co gallo do Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado á escritora e profesora María Victoria Moreno, a Xunta de Galicia -a través da Consellería de Cultura-, a Real Academia Galega (RAG) e o Consello da Cultura Galega (CCG), en colaboración coa CRTVG, deseñaron un amplo programa de actividades que abranguen iniciativas no eido literario, expositivo, deportivo, empresarial e musical, entre outros, dirixidas a todos os públicos.

Santiago, 12 de Marzo de 2018

A Cidade da Cultura inaugurará este venres, 16 de marzo, a mostra máis ambiciosa realizada, ata o momento, sobre a arte galega: Galicia Universal. A arte galega nas coleccións de ABANCA e Afundación. A exposición presenta unha selecta escolma de 192 obras procedentes das dúas coleccións corporativas de arte máis senlleiras da comunidade e entre as máis importantes de España.

Santiago, 09 de Marzo de 2018

O vindeiro 13 de abril a Cidade da Cultura acollerá a xornada CREAGAIÁS, unha iniciativa lúdico-formativa que nace co obxectivo de potenciar o emprendemento e a creatividade así como pór de relevo as empresas e proxectos residentes no Centro de Emprendemento do Gaiás.

Santiago, 07 de Marzo de 2018
A Cidade da Cultura acolle a xornada Lider-A para impulsar a igualdade no Día Internacional da Muller

A Cidade da Cultura acolleu este mércores o acto institucional do Día Internacional da Muller organizado pola Xunta de Galicia, que levou a cabo a xornada Lidera-A. Muller e Liderado “Avanzando en Igualdade”. Co obxectivo de pór de relevo a importancia do liderado das mulleres, o evento consistiu nun encontro con distintos espazos de aprendizaxe e intercambio nos que analizar o liderado feminino, contribuíndo ao empoderamento e mellora do desenvolvemento persoal e profesional das mulleres así como das entidades, tanto públicas como privadas.

Páxinas