A Xunta de Galicia está a celebrar na Cidade da Cultura hoxe e mañá un encontro internacional con expertos chegados de todo o mundo para repensar —en xornadas teóricas e prácticas— como acadar arquitecturas saudables para a infancia en espazos públicos como as escolas, as súas contornas, os parques de lecer e mesmo as propias cidades. Este importante reto é o obxectivo do V Playgrounds.
O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia reforza con tecnoloxía complementaria os seus sistemas de seguridade ante o valor dalgunhas obras de Galicia, un relato no mundo, a primeira exposición internacional do Xacobeo 21 organizada pola Xunta de Galicia. A mostra, que se inaugura o vindeiro 14 de novembro, exhibirá pezas consideradas xoias do patrimonio universal, como o Mapa de Sawley, a Biblia Kennicott, os códices calixtinos do Vaticano e de Salamanca ou o Cancioneiro da Vaticana.
A Xunta de Galicia explorará na Cidade da Cultura con arquitectos internacionais como acadar arquitecturas saudables para a infancia en espazos públicos como as escolas, as súas contornas e mesmo nas cidades. Será este venres e sábado no V Playgrounds.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Turismo, vén de premiar un proxecto que, a modo de instalación artística efémera, converterá as icónicas Torres Hejduk da Cidade da Cultura nun banco de memorias e experiencias do Camiño de Santiago. Será a través dun rexistro sonoro e visual de vivencias de peregrinos e peregrinas, parte delas relatadas en tempo real desde a propia praza do Obradoiro.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 124
- 125
- 126
- 127
- 128
- 129
- 130
- 131
- 132
- …
- seguinte ›
- última »




