Sala de prensa

 
Santiago, 13 de Novembro de 2019
Códice Calixtino do Vaticano (Óscar Corral)

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asistiu esta mañá na Cidade da Cultura á instalación en sala das dúas pezas cedidas pola Biblioteca Vaticana para a súa exhibición en Galicia, un relato no mundo: un exemplar do Liber Sancti Iacobi (Códice Calixtino) e o Cancioneiro da Vaticana –peza imprescindible da lírica galego portuguesa que se poderá ver en Galicia por vez primeira–.

Santiago, 12 de Novembro de 2019

A exposición da Xunta de Galicia no Gaiás para xogar coa arquitectura, Argallar, pechou esta pasada fin de semana con máis de 14.400 persoas en tan só 51 días que estivo aberta na Cidade da Cultura de Galicia. Deste número, un total de 2.500 visitas foron escolares procedentes de medio cento de centros de toda Galicia.

Santiago, 10 de Novembro de 2019
Estrella Montolío

A Cidade da Cultura acollerá o vindeiro 21 de novembro a conferencia O poder da conversa: comunicar para emprender, na que a catedrática de lingüística e divulgadora Estrella Montolío porá o foco na grande esquecida da comunicación na contorna profesional: a conversa.

Santiago, 10 de Novembro de 2019
Foto: Óscar Corral

A mostra Galicia, un relato no mundo, que a Xunta inaugura no Gaiás a próxima semana, concibe as novas tecnoloxías como un elemento central do relato da exposición, empregando sistemas punteiros de realidade virtual, realidade aumentada e dispositivos de detección sensorial.

Santiago, 07 de Novembro de 2019
Itinerario de Exeria. Foto: Óscar Corral

O primeiro relato de viaxes do que se ten constancia en España foi escrito hai 16 séculos por unha aristócrata da Gallaecia romana, Exeria, que movida pola curiosidade por coñecer os escenarios bíblicos emprendeu unha peregrinación desde Galicia ata Terra Santa.

Páxinas