arte urbana, a innovación na creación musical e as mulleres emprendedoras foron as grandes protagonistas da última xornada de Audacia, o festival de artes e emprendemento, organizado pola Xunta a través da Consellería de Cultura e Turismo e enmarcado na programación do Xacobeo 21.
Audacia, o primeiro festival de artes e emprendemento de Galicia, organizado pola Xunta congrega hoxe e mañá no Museo Centro Gaiás arredor de 1.000 estudantes e docentes de 17 centros de ensino artístico de toda Galicia. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, achegouse este mediodía ao festival, onde destacou que “o esencial deste evento, encadrado na programación do Xacobeo 21, é a súa aposta polo noso futuro creativo”.
Arredor dun milleiro de estudantes e docentes de 17 centros de ensino artístico teñen xa confirmada a súa asistencia a Audacia, o primeiro festival de artes e emprendemento de Galicia, organizado pola Xunta a través da Consellería de Cultura e Turismo e enmarcado na programación do Xacobeo 21.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Turismo, vén de anunciar que a Biblia Kennicott, recoñecida como unha das obras cume da ilustración medieval e un dos manuscritos hebreos máis valiosos e fermosos do mundo, será exhibida en Galicia máis de 500 anos despois de que saíse da Coruña –onde foi creada– no século XV.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 125
- 126
- 127
- 128
- 129
- 130
- 131
- 132
- 133
- …
- seguinte ›
- última »




