A Cidade da Cultura convida as familias a vir festexar o luns de Entroido (24 de febreiro) cun trouleiro baile de disfraces de temática animal, amenizado coa música da picadiscos infantil Marifaltri e co coñecido espectáculo-musical A nena e o grilo, de Magín Blanco e A Banda das Apertas.
A Fundación Cidade da Cultura de Galicia presentou hoxe o segundo Obradoiro de Novela Cidade da Cultura, tras o éxito alcanzado pola primeira
Escenas do cambio -o Festival de inverno de teatro, danza e arte en acción da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura- despide esta fin de semana a súa segunda edición cun cheo absoluto na peza de hoxe do dramaturgo catalán Roger Bernat Please, continue (Hamlet), na que se someterá a un xuízo real o personaxe de Shakespeare cun equipo xudicial en activo e no que os espectadores exercerán de xurado popular.
Escenas do cambio -o Festival de inverno de teatro, danza e arte en acción da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura- encara xa a súa segunda e derradeira semana da edición de 2020 coa representación de cinco pezas, entre as que se atopa o relato contado, cantado e bailado dunha sobrevivente do xenocidio de Ruanda e un xuízo real ao personaxe literario Hamlet para o que se contará cu
Escenas do cambio 2020 -o Festival de inverno de teatro, danza e arte en acción da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura- fai uso esta fin de semana do baile flamenco e da danza contemporánea, respectivamente, como ferramentas da arte útiles na loita contra a marxinalidade de etnias —a xitana, no caso de Ahora bailo yo, de Leonor Leal— ou para establecer vínculos materno-filiais, na obra M/others,
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 116
- 117
- 118
- 119
- 120
- 121
- 122
- 123
- 124
- …
- seguinte ›
- última »




