Sala de prensa

 
Santiago, 06 de Novembro de 2018

O próximo 19 de novembro terá lugar a entrega dos VI Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, concurso impulsado pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da Fundación Cidade da Cultura, para favorecer a creación de novas empresas no eido das industrias culturais e creativas, e que contan co patrocinio de Afundación, a Obra Social de ABANCA, e a colaboración do Igape.

Santiago, 05 de Novembro de 2018

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), Anxo Queiruga, inauguraron esta mañá na Sala Eisenman da Cidade da Cultura a exposición COGAMI: Pezas e trazos, unha mostra que ofrece unha escolma dos traballos levados a cabo por parte de 244 persoas con discapacidade física e/ou intelectual, realizados en centros e asociacións de diferentes zonas de Galicia no marco do programa EnREDarte.

Santiago, 04 de Novembro de 2018

Peóns, alfís e cabalos móvense xa cun ritmo frenético na Cidade da Cultura de Galicia. O Campionato Mundial de Xadrez Cadete, no que se dan cita as mellores promesas mundiais deste deporte, comezou hoxe no Gaiás con 400 partidas simultáneas e 851 participantes dos cinco continentes.

Santiago, 01 de Novembro de 2018

A Cidade da Cultura prepárase para transformarse na capital mundial do xadrez a partir deste domingo, coa celebración do Campionato Mundial de Xadrez das categorías sub-8, sub-10 e sub-12. O evento reunirá ás mellores promesas deste deporte, tanto galegas como internacionais.

Santiago, 29 de Outubro de 2018

O proxecto Stay here, do sevillano Alejandro Ginés, resultou gañador da VI Concurso de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk, convocado entre os e as participantes do Encontro de Artistas Novos (EAN) 2018.

Páxinas