Sala de prensa

 
Santiago, 02 de Setembro de 2013

Queres saber como se vive no Amazonas? E construír coas túas mans a túa casa? Gustaríache coñecer como era a vida das tribos cando os primeiros exploradores chegaron á selva? A Cidade da Cutura convida aos máis pequenos da casa a aproximarse á cultura e ao modo de vida das tribos do Amazonas a través do Obradoiro de arquitectura indíxena, que terá lugar no Museo Centro Gaiás este sábado 7 de setembro.

Santiago, 06 de Agosto de 2013

Gregory Porter, considerado pola crítica como a mellor voz do jazz actual, actuará finalmente no Museo Centro Gaiás o vindeiro martes 12 de novembro.

Tras a cancelación da súa actuación, prevista para o 26 de xullo, por mor da traxedia ferroviaria que asolou Santiago de Compostela a noite do 24 de xullo; a Cidade da Cultura reprogramou un dos concertos máis esperados do ciclo Pel de Galiña, que finalmente celebrará a súa clausura o vindeiro 12 de novembro ás 21:00 horas.

Santiago, 01 de Agosto de 2013

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús vázquez Abad, inaugurou esta tarde no Gaiás a exposición Mar de Crebas, unha intervención da artista emerxente Alejandra Sampedro que ata o 3 de novembro converterá as Torres Hejduk no vello faro de Cabo Silleiro, en Baiona.

Santiago, 25 de Xullo de 2013

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia expresa o seu pesar a todas as persoas que están a sufrir pola traxedia acontecida en Santiago de Compostela, ao tempo que manifesta o seu agradecemento a todos os que están a traballar na xestión deste accidente e a súa admiración pola resposta da sociedade.

En solidariedade e respecto coa dor das vítimas, dos feridos e dos seus familiares, e tras a declaración de sete días de loito oficial da Xunta de Galicia, a Fundación Cidade da Cultura vén de acordar a suspensión da súa programación cultural. 

Santiago, 23 de Xullo de 2013

O conselleiro de Cultura Educación, Xesús Vázquez Abad, e a firma eléctrica inauguraron hoxe o xogo de luces coas cores de Galicia, que poderá verse desde diferentes puntos da capital galega
O proxecto, xestionado pola Cidade da Cultura, busca poñer en valor o maior complexo cultural de Galicia

Páxinas