A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria suxeriu hoxe a conveniencia de que o Senado se converta nunha institución que faga de embaxaidora da Cidade da Cultura e que difunda en todo o Estado a contribución cultural que o Gaiás vén desenvolvendo nos últimos anos. No decurso dunha xuntanza de traballo entre a comisión de Cultura da Cámara Alta e un equipo da consellería encabezado polo seu secretario xeral técnico, Jesús Oitavén, quen os recibiu en nome do conselleiro, o representante da Xunta, explicou os eixos de actuación do plan estratéxico da Cidade da Cultura.
A delegación mixta de ambas as institucións, que ao longo da mañá percorreron as instalacións do Monte Gaiás, estivo composta pola presidenta da Comisión, María Gádor Ongil; a directora xeral de Patrimonio, María del Carmen Insúa; e a directora xerente da Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño, ademais de outros representantes do Senado e da Consellería. A visita incluiu as Torres Hejduk, que ata este domingo acolle a intervención “Mar de Crebas”, e os espazos ocupados polo Centro de Emprendemento Creativo, o Centro de Innovación Cultural, a Biblioteca e o Arquivo de Galicia. Posteriormente toda a comitiva visitou a mostra “Orinoco. Viaxe a un mundo perdido” que pode ser visitada ata mediados do vindeiro mes de xaneiro de 2014.
Accións culturaisDurante o percorrido o secretario xeral técnico da Consellería destacou que a Cidade da Cultura “é un espazo cun grande equipamento cultural. Nesta infraestrutura –dixo- celébranse grandes actos todos os anos, e desenvolven unha actividade cultural vencellada a un sector produtivo que xera 21.000 empregos en Galicia e neste momento é unha oportunidade para crecer en tempos de crise”.

