Nexos muda ao 7 de decembro

A última sesión de Nexos será o sábado 7 de decembro. Por problemas de axenda dos relatores da sesión que leva por título Contra a solemnidade. O humor disolvente na literatura, esta última cita con Nexos non poderá realizarse o 9 de novembro tal e como estaba previsto.

A nova data é o 7 de decembro á mesma hora e lugar: Centro de Innovación Cultural ás 12:00 horas. A Cidade da Cultura lamenta todas as molestias que esta mudanza lles poida ocasionar.

As prazas reservadas para o 9 de novembro consérvanse para a seguinte data. No caso de que se queira renunciar a ela, pode facelo cancelando a reserva a través do enlace facilitado no mail de confirmación ou ben chamando ao número 881 979 010. O 12 de novembro activarase de novo a inscrición previa para aqueles que aínda non reservaran.

Contra a solemnidade analizará o humor na literatura e contará con dous convidados de excepción: os escritores Eduardo Mendoza e Gonzalo Navaza, aos que seguirá un peza de teatro experimental a cargo do grupo Los Torreznos.