Día da Música | Concertos de El afecto ilustrado, Faia e Chisme

Música barroca, tradicional tinguida de vangarda e electrónica. Tres estilos diferentes para festexar no Gaiás ao longo de toda unha xornada o Día da Música 2020 coas actuacións de:  

 FAIA [17.30H] 
 
 Chisme [21H]

Esta celebración tripla suporá ademais a primeira actividade presencial da programación cultural da Cidade da Cultura. Poderedes asistir de balde, pero baixo retirada de convite en ataquilla.com  xa que o acceso será limitado polas medidas de seguridade sanitarias post-covid19, polo que a asistencia restrinxirase a 80 persoas por cada concerto
 
No entanto, ninguén que desexe escoitar a estas tres formacións/artistas vai quedar se facelo!! porque serán retransmitidas en streaming pola canle de youtube da Cidade da Cultura.
 

EL AFECTO ILUSTRADO | 12 HORAS | 60'

Asistencia presencial | Retirada convite en Ataquilla

Concibido como un grupo de cámara innovador e versátil, a súa filosofía é presentar unha interpretación historicista do repertorio comprendido entre os séculos XVII e XIX dunha forma próxima e tanxible.
O ensemble está integrado por profesionais que despuntan no panorama musical nacional e internacional. Con formatos de concerto pouco explorados, procuran difundir programas dun alto nivel de calidade interpretativa, precisión histórica e respecto ás fontes orixinais, froito dun proceso detallado de estudo e investigación musical e histórica.

Actuación en formato sexteto e repertorio barroco: 'Britannia. Música inglesa do s. XVII'. PROGRAMA

 


FAIA | 17.30 HORAS | 60'

Asistencia presencial | Retirada convite en Ataquilla 

Cantante e investigadora, tamén é licenciada en Historia da arte. Foi bolseira na Habana, Perugia e Barcelona, onde cursou estudos de etnomusicoloxía, cinema e crítica artística, e está formada en dixitalización e catalogación do patrimonio artístico. Como cantante, é membro do coñecido grupo galego De Vacas, que ten actuado na Cidade da Cultura.  


No Gaiás presenta 'Ao cabo leirín', o seu primeiro disco, un traballo de investigación do cancioneiro tradicional pero tamén da súa propia voz e dos espazos sonoros que a arroupan, desde o recuncho solitario da taberna ao calor dunha cheminea.

 

CHISME | 21 HORAS | 60 '

Asistencia presencial | Retirada convite en Ataquilla

Proxecto musical de Fernando Epelde (tamén coñecido por ser dramaturgo e actor na compañía de teatro Voadora). Tras unha serie de álbums marcados pola experimentación formal e por fíos conceptuais que o levaban a explorar territorios como o da arte sonora, a electrónica minimalista ou o pop cibernético; abraza en 'Todo é ficción' un rexistro máis preto que nunca do 'formato canción': melodías pegañentas, unha sonoridade que mantén a súa conexión con texturas electrónicas pero cunha afouteza e unha pegada que lembran a xéneros como a new- rave ou o pop groove máis espacial.

No Gaiás presenta temas do seu último traballo 'Todo e ficción' e tamén de anteriores proxectos.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI