CreaR – DigiTalent

Obradoiros de robótica dirixidos a nenos e nenas de entre 7 e 12 anos, cos que a través do Plan Digitalent se quere potenciar a creatividade nos cativos, espertar o seu espírito emprendedor e adestralos en habelencias coma o traballo en equipo ou a oratoria.

Desta volta o proxecto é a programación e construción dunha cidade: un coche con plastilina condutiva (con luz propia), un semáforo programado ou unha barreira de acceso son algunhas das cousas que poderán artellar nestes obradoiros de dúas horas de duración onde teñen cabida ata un máximo de 30 rapaces e rapazas. A través dunha experiencia divertida, os cativos son quen de coller máis seguridade en si mesmos e de lle dar saída ao seu talento. Aí están, ademais, os valores do emprendemento e o miolo dos chamados “conceptos STEAM”: ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, arte e matemáticas.

Educando no bo uso das novas tecnoloxías

E mentres os máis pequenos traballan no obradoiro de robótica nun prototipo de cidade, os maiores escoitarán consellos dun pedagogo especializado para resolver dúbidas sobre a educación dos que si naceron na era dixital; e sobre o bo uso que adolescentes e “millennials” poden facer da internet e das redes sociais.

A través de casos prácticos e dinámicas, pais, titores, avós ou educadores atoparán respostas a inquedanzas como, por exemplo, a que idade deben ter móbil os rapaces ou que límite de horas se lle debe poñer ao uso das pantallas. Tamén se falará da nova terminoloxía neste eido (cyberbullingsextinggrooming…) e de como nos afecta a todos o cambio dixital.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI