Alternativamente entre Portugal e Galicia celébrase cada ano un congreso internacional chamado Encontro Galego-Portugués de Química. Estes congresos están organizados entre a Sociedade Portuguesa de Química (SPQ) e o Colexio Oficial de Químicos de Galicia e a Asociación de Químicos de Galicia. En 2019 a Cidade da Cultura acollerá a XXV edición deste Encontro, que terá lugar do 20 ao 22 de novembro.
O Encontro Galego-Portugués de Química é un congreso de referencia para investigadores e estudantes que traballan nos diferentes campos da Química Básica e Aplicada e un formato ideal para a presentación nun foro internacional de traballos de investigación básica e aplicada, tanto en forma de comunicación oral como en formato póster.
Nov 2025 - Abril 2026
De martes a domingo
Do 22 out 2025 - 31 maio 2026
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Mar - Dec 2026






















