III Congreso Internacional Aeronáutico e Espacial (CIAG)

O Consorcio Aeronáutico Galego (CAG) organiza o III Congreso Internacional Aeronáutico e Espacial de Galicia (CIAG), que terá lugar o xoves 27 de xuño na Cidade da Cultura. O evento ten a finalidade de achegar coñecemento sobre o futuro esperado do sector, as oportunidades que ofrece o soporte a aeronaves en servizo, ou os proxectos que se están levando a cabo no ámbito das Civil  UAV' s, naves non tripuladas.

Así, o congreso contará coa participación de entidades como a Xunta de Galicia ou a  Axencia  Galega de Innovación, así como do ámbito universitario, tanto galego, coa presenza da  Universidade da Coruña, como internacional, coa Universidade Autónoma Aeronáutica de Querétaro (México).

Ademais, estarán presentes representantes de empresas  TIER 1 (que realizan un papel importante en cadeas de subministración complexas) da industria aeronáutica, como  Indra  Babcock Internacional e  S4A  Solutions  For  Aviation. Tamén outras entidades análogas ao Consorcio acudirán á devandita cita, como é o  Aerocluster de  Querétaro (México) e a Empresa Nacional de Aeronáutica de Chile.

Entre outros, o III CIAG contará coa asistencia do fabricante mundial e de Equipos Orixinais (OEM, polas súas siglas en inglés)  Boeing.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
2 Xul - 14 Ago 2026
21 horas
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
15 Xul 2026
A partir das 20:30 horas
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO