FP Innova 2019

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional organiza FP Innova Galicia 2019, Congreso de Innovación na Formación Profesional, que terá lugar entre os días 8 e 10 de maio na Cidade da Cultura de Galicia. Trátase da cuarta edición dun evento que se constitúe como referente na difusión da innovación didáctica e tecnolóxica, da transferencia de coñecemento e da capacidade de emprender na que está imnersa a formación profesional galega.

O congreso contará tamén cunha zona expositiva de 4.100 m2, distribuída nos andares -1 e 0 do Museo Centro Gaiás, na que as persoas asistentes poderán coñecer:

  • A investigación e a innovación que os centros de formación profesional de Galicia están a desenvolver en colaboración con empresas e institucións, a través da visualización en directo dos 36 proxectos de innovación que se presentan e que abranguen as tecnoloxías máis punteiras do mercado.
  • A innovación ligada ao emprendemento, representada nunha mostra de miniempresas que o alumnado e o profesorado puxeron en marcha, no marco do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende.
  • A experimentación en primeira persoa das novas tecnoloxías, coa participación nos obradoiros sobre robótica aplicada, deseño e impresión 3D, vehículos non tripulados, electrónica, imaxe persoal, artes gráficas, téxtil, repostaría, técnicas culinarias ou coctalaría.

FP Innova constitúe unha magnifica ocasión para coñecer as posibilidades que ofrece a formación profesional, unhas ensinanzas que están a formar profesionais altamente capacitados que dan resposta ás necesidades dun tecido social e económico cada vez máis tecnificado e especializado. A alta taxa de inserción laboral das persoas tituladas nestas ensinanzas (85,9%) é un claro reflexo da potencialidade da formación profesional galega.

O acceso a estes espazos ten carácter gratuíto para o público en xeral. Os centros que desexen organizar unha visita para alumnado e profesorado deberán cubrir unha solicitude de inscrición, segundo as instrucións que recibiron por correo electrónico.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI