O Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia organiza para o día 15 de xaneiro, martes, o cuarto Encontro da Mocidade Gandeira, que se celebrará na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.
O programa da xornada é o seguinte:
- 11:00h. Recepción.
- 11:30h. Charla: “Só hai unha oportunidade de facelo ben” a cargo da técnico Cristina Pilar Posada
- 12:00h. Café
- 12:30h. Charla: “Formación ao carón da vida” a cargo do profesor e gandeiro Constante Lorenzo Santos
- 13:00h. Mesa redonda ao redor da fauna salvaxe, a xestión das explotacións, a transformación de productos ou o cooperativismo como medida necesaria para reducir custos nas producións
- 14:00h. Conclusións e clausura
- 14:30h. Xantar
O obxectivo do Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia é agrupar, ser punto de encontro e foro de debate, para todos aqueles mozos e mozas menores de 35 anos interesados no desenvolvemento e implantación de técnicas e prácticas agrogandeiras sostibles, rendibles, respectuosas co medio natural e co benestar dos animais, que permitan a pervivencia futura da actividade e á vez ofreza un medio de vida digno e rendible para os agricultores e gandeiros.
Do 22 out 2025 - 31 maio 2026
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Mar - Dec 2026
11 abr 2026
11 abr 2026






















