A terceira proba do VII Circuíto de Carreiras Saudables de Santiago, CorreSan 2018, celébrase o vindeiro 3 de novembro na Cidade da Cultura, levándonos á Ruta dos Parques composteláns.
A Cidade da Cultura, o Bosque de Galicia, o Paseo Fluvial do Sar e o gran Parque Eugenio Granell serán algúns dos escenarios que os corredores visitarán nesta proba que se disputará sobre unha distancia de 6,1 km na súa proba absoluta, e de 1,4 e 2,6 km nas probas de escolares 1 e 2 respectivamente.
A proba absoluta partirá da Cidade da Cultura ás 17.00 horas e os corredores serán trasladados en autobús ata o punto da saída. As probas escolares celebraranse integramente no Parque Eugenio Granell (Restollal).
Haberá servizo de roupeiro na saída e habilitaranse servizo de duchas próximo á liña de meta.
As inscricións xa están abertas na web www.carreirasgalegas.com.
























