Presentación Ano Europeo do Patrimonio

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentará en rolda de prensa as accións conmemorativas do Ano Europeo do Patrimonio. Estará acompañado pola directora xeral do Patrimonio Cultural, María Carmen Martínez Ínsua; e polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

O Parlamento Europeo e o Consello da Unión Europea aprobaron, o 17 de maio de 2017, a Decisión pola que se establece a declaración do Ano Europeo do Patrimonio Cultural 2018. Esta conmemoración supón unha oportunidade para celebrar a riqueza e a diversidade do patrimonio Europeo, que forma parte das nosas cidades, paisaxes e espazos arqueolóxicos. Atópase non só en disciplinas como o arte e a literatura, senón tamén noutros ámbitos como as técnicas artesanais, a gastronomía, a historia, a música ou o cine. Por iso, os obxectivos deste Ano Europeo son fomentar o intercambio e a valoración do patrimonio cultural de Europa como un recurso compartido, sensibilizar sobre a historia e os valores comúns e reforzar un sentimento de pertenza a un espazo común europeo.

Máis información sobre a conmemoración en: http://europa.eu/cultural-heritage

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
30 Out 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h