Conferencia Clúster Madeira

O Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia, en colaboración coa Cidade da Cultura de Galicia, organiza unha sesión de faladoiro- diálogo na que profesionais de recoñecido prestixio debaterán sobre os camiños que debe seguir o deseño no mundo da madeira.Por unha banda, Juan Creus e Covadonga Carrasco expoñerán a súa visión sobre o deseño de produto, desde mobiliario ata outro tipo de obxectos, e Maite Rodríguez, responsable do departamento de deseño de FINSA, expoñerá a súa traxectoria poñendo en valor a madeira técnica como material de deseño.

Expostas as posturas dos relatores, abrirase o debate aos asistentes co obxectivo de coñecer diferentes puntos de vista e enriquecer ese diálogo. O tema sobre o que versará o debate desta primeira sesión é: 'Deseño: estética ou funcionalidade'.

Por cuestións de espazo e para conseguir un diálogo fluído e participativo, limitarase a asistencia a 20 persoas, polo que se solicita inscrición para participar en comunicacion@clustermadeira.com ó 981 937 261

 

 

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
14 xuñ 2026
Ás 12:30h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI