A Biblioteca e Arquivo de Galicia convida a vivir no Gaiás o Día das Bibliotecas cunha visita guiada pola institución para descubrir todos os segredos que agocha este garante das letras galegas. Durante algo máis dunha hora, os participantes poderán acceder ás cámaras de conservación e vivir en primeira persoa a experiencia de ter ante os seus ollos incunables, libros do séxulo XV, gravados históricos ou vinilos de lousa.
Xunto con esta actividade, a Biblioteca de Galicia celebrará durante toda a xornada do venres a iniciativa Elixe o teu libro, coa que agasallará cunha obra a cada persoa que visite a biblioteca.
Mar - Dec 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
30 Out 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
31 out 2026
De 19:00h a 20:30h


























