Emprende Way-Networking: A arte da seducción... nos negocios

Emprende-Way celebra na Cidade da Cultura o seu primeiro networking do ano: A arte da sedución… nos negocios.

Nesta ocasión a ferramenta empregada para desenvolver o evento é o “data speed” ou cita rápida. Trátase de seducir ás persoas que participen nun tempo moi curto, realizando cambios de parella cada 2 minutos, polo que é imprescindible ter un discurso preparado e un obxectivo claro do que queremos transmitir. 

Segundo a Real Academia Galega, seducir é “atraer (alguén) fortemente”, así que non chega só con ter un gran speech senón que precisamos tamén dun ambiente único e potenciador da atracción. E diso encargámonos nós!!

Nesta ocasión terá lugar nos exteriores da Cidade da Cultura, compartindo un atardecer no Gaiás. Comezaremos ás 20:00 coas nosas dinámicas de citas express e encargarémonos da música en directo que axude a xerar ese ambiente de complicidade, da man da artista Eli Cabeza. Convidarémosvos a un catering para gozar en boa compaña e despedir esta edición de Emprende Way brindando como se merece…

 Ademais, como broche de ouro a esta I Edición de Emprende Way 2015, aquelas persoas que queiran poderán quedarse despois do evento a escoitar o concerto que ten a Cidade da Cultura no seu programa Atardecer no Gaiás 2015Unha nota importante para a xente que non vos despracedes en coche: haberá un servizo especial de bus urbano, sendo o último bus de baixada do Gaiás ás 22:45 horas.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta