O Instituto Galego do Viño celebrará o vindeiro día 27 de abril ás 18:30 horas o acto de entrega da quinta edición dos Premios Mágnum do Viño Galego, cos que pretende recoñecer o traballo dos mellores profesionais do viño en Galicia. Serán máis de cento cincuenta as persoas que acudirán a esta cita que terá lugar na Cidade da Cultura e que reunirá aos máis importantes profesionais do sector na nosa Comunidade, así como a representantes do eido político e social.
O Ingavi concederá estes galardóns nas categorías de:
- Mellor Viño Galego
- Mellor Viño Revelación Galego, viños cun máximo de dúas colleitas no mercado.
- Mellor Adega Galega, entendida como colección de viños no mercado da máxima calidade.
- Mellor Labor de Difusión do Viño Galego.
- Mellor Sumiller no Tratamento do Viño Galego.
- Mágnum Honórifico Vinolvidable a un profesional destacado polo seu traballo a prol do viño galego.
Do 22 out 2025 - 31 maio 2026
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Mar - Dec 2026
11 abr 2026
11 abr 2026






















