Turgalicia escolleu a Cidade da Cultura para converterse no escenario do Entroido 2015. Ao longo do día de hoxe, boteiros, madamas e galáns, felos, cigarróns, peliqueiros, pantallas e xenerais da Ulla invadirán as zonas exteriores do Gaiás nun desfile de Entroido anticipado.
As imaxes promocionais do Entroido Galego reunirán en total a un cento de personaxes típicas dunha das festas máis irreverentes e tradicionais do calendario galego e terán como escenario a praza da Cidade da Cultura e algúns interiores do Centro de Innovación Cultural.
Mar - Dec 2026
Mai - Out 2026
Xuñ - Out 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
30 Out 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h























