No marco da 2ª Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia-Norte de Portugal terá lugar o obradoiro “Anatomía dun titular: como detectar a desinformación científica (ata na contraportada)”, a cargo de Deborah García Bello, consultora e divulgadora científica.
Un titular alarmista, unha promesa milagreira ou unha contraportada que anuncia “o que a ciencia non quere que saibas” empregan recursos que se poden aprender a recoñecer. No obradoiro poñeremos nome ás falacias máis habituais (a autoridade fonte de verdade, a correlación vendida como causa, o “natural é san”, o medo ao “químico”, os estudos sacados de contexto) e tamén ás estratexias que se usan para bloquear o debate: o ametrallamento de falacias (gish galop), o home de palla, a falsa dicotomía, o whataboutism (ou e ti máis), o cambio constante das regras do xogo, a inversión da carga da proba e a pregunta carregada. Analizaremos en grupo titulares de prensa e textos de libros de divulgación, contraportadas incluídas, para detectar cada recurso no seu hábitat. Cada persoa levará unha pauta de lectura crítica e un ollo máis adestrado, útil para seleccionar novidades, recomendar lecturas e preparar clubs de lectura científica.




























