Do 23 ao 25 de outubro, o Gaiás acollerá o XII Congreso Nacional de Bibliotecas Móbiles, un encontro que poñerá no centro o papel dos bibliobuses como ferramenta para garantir o acceso á cultura, á lectura e á información en todo o territorio. Ao longo de tres días, profesionais e especialistas compartirán experiencias, boas prácticas e estudos sobre o valor destas bibliotecas, especialmente nas zonas rurais e nos pequenos núcleos de poboación, onde contribúen a reducir desigualdades e favorecer a inclusión e a participación da comunidade.
Consulta o programa completo:





