Masterclass «Cantar en lingua de signos»

O sábado 12 de setembro o Edificio Fontán da Cidade da Cultura acolle a masterclass «Cantar en lingua de signos» impartida por Beatriz Romero, intérprete coñecida por acompañar á artista Rozalén nos seus concertos durante os últimos 15 anos. Está dirixida a profesionais da interpretación en lingua de signos (ILS), artistas signante e docentes.

Nesta clase, Beatriz Romero compartirá a súa experiencia como intérprete en concertos, así como os recursos e ferramentas que existen para adaptar unha canción a lingua de signos e facer accesible a expresividade e as letras dos temas ás persoas xordas ou con discapacidade auditiva. Trátase dunha oportunidade única de profundizar na interpretación en LS cunha das especialistas con máis traxectoria en España.

O nivel mínimo requirido de LS para o aproveitamento correcto da clase é o B2 e impártese en LSE (Lingua de Signos Española). Pódese solicitar máis información no correo masterclassbeatrizromero@gmail.com e a inscrición cubrindo este formulario en liña.





 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027