GaliciaTIC 2025

O 30 de outubro o Edificio CINC da Cidade da Cultura acolle GaliciaTIC 2025. Un evento organizado pola Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia (INEO) que este ano porá o foco na aplicación práctica e estratéxica da Intelixencia Artificial (IA) no ámbito empresarial. A xornada inclúe sesións presenciais (conferencias, mesas temáticas e mesas de debate) e en liña durante a mañá, e unicamente en liña pola tarde en paralelo coas actividades de promoción do talento dixital.

Esta iniciativa contará coa participación de centros de FP galegos e centros de formación de posgrao en universidades e escolas de negocios. As empresas interesadas en captar talento poderán dispoñer dun stand informativo. Tamén se potenciará a visibilidade de GaliciaTIC cara ao exterior a través de “showrooms” físicos e virtuais e stands presenciais, así como promovendo o acceso dos medios de comunicación, a visualización nas redes sociais, e a presenza de todas aquelas persoas interesadas en coñecer de primeira man as innovacións das empresas.

O evento contará tamén con espazos de relación (networking) para impulsar os encontros entre empresas e con diferentes clústeres sectoriais, hubs e institucións públicas. 

Toda a información na web de GaliciaTIC.

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h