II Carreira de Orientación Solidaria polo Ictus

O grupo de investigación Ictus Traslacional TREAT e o club deportivo Aromon Pontevedra organizan a II Carreira de Orientación Solidaria polo Ictus, coa que chaman a colaborar con Dano Cerebral Galicia. A cita é o domingo 12 de outubro na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. A saída está fixada para as 10:30 h.

A proba deportiva é totalmente aberta a persoas con ou sen experiencia, de calquera idade —nenas e nenos incluídos—, e pódese participar en equipos. Conta con 250 prazas dispoñibles. 

A inscrición é de balde, mais a organización chama realizar unha doazón a Dano Cerebral Galicia, a través do formulario online de doazón ou do bizum 09280. O prazo de inscrición finaliza ás 00:00 h do domingo 28 de setembro, ou antes se se completan as 250 prazas. Pode tramitarse nesta ligazón da web da Federación Galega de Orientación (FEGADO).

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI