Cazadores de meigas

Cazadores de meigas é un xogo de supervivencia nocturno e benéfico que organiza Cruz Vermella Santiago para a mocidade, o 19 de xullo na Cidade da Cultura. Nel, as persoas participantes asumirán o rol de meigas convocadas por Mariña, a bruxa centenaria de Galicia, para a celebración do tradicional Aquelarre. Mais os clans de Cazadores —inimigos xurados das artes arcanas— están xa a perseguilas sen clemencia.

As escasas supervivientes permanecen ocultas en aldeas esquecidas e bosques encantados, agardando por alguén digno de confianza. Porque só existe unha forma de deter os Cazadores: reunir o poder máxico disperso no mundo que selaron en cartas de tarot, cada unha delas impregnada de sabedoría arcana. Esta será a misión: recobrar as cartas e levarllas a Mariña antes de que o veo entre o mundo máxico e o terrenal se desgarre por completo.

Haberá que saber moverse sixilosamente pola contorna, superar probas e eludir a intensa persecución dos Cazadores, cun mapa e algunhas instrucións básicas para comezar. O resto, queda de man das xogadoras e xogadores, que deberán sobrevivir, loitar, agocharse ou cazar durante dúas horas e media. Para quen é atrapado o xogo non remata, pode elixir cambiar de bando.

A actividade está dirixida a maiores de 18 anos (maiores de 12 anos poderán participar con autorización legal) e as prazas son limitadas. O formulario de inscrición cos detalles está dispoñible na seguinte ligazón. 

 

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Do 12 Nov - 13 Mar 2027
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h