Cazadores de meigas

Cazadores de meigas é un xogo de supervivencia nocturno e benéfico que organiza Cruz Vermella Santiago para a mocidade, o 19 de xullo na Cidade da Cultura. Nel, as persoas participantes asumirán o rol de meigas convocadas por Mariña, a bruxa centenaria de Galicia, para a celebración do tradicional Aquelarre. Mais os clans de Cazadores —inimigos xurados das artes arcanas— están xa a perseguilas sen clemencia.

As escasas supervivientes permanecen ocultas en aldeas esquecidas e bosques encantados, agardando por alguén digno de confianza. Porque só existe unha forma de deter os Cazadores: reunir o poder máxico disperso no mundo que selaron en cartas de tarot, cada unha delas impregnada de sabedoría arcana. Esta será a misión: recobrar as cartas e levarllas a Mariña antes de que o veo entre o mundo máxico e o terrenal se desgarre por completo.

Haberá que saber moverse sixilosamente pola contorna, superar probas e eludir a intensa persecución dos Cazadores, cun mapa e algunhas instrucións básicas para comezar. O resto, queda de man das xogadoras e xogadores, que deberán sobrevivir, loitar, agocharse ou cazar durante dúas horas e media. Para quen é atrapado o xogo non remata, pode elixir cambiar de bando.

A actividade está dirixida a maiores de 18 anos (maiores de 12 anos poderán participar con autorización legal) e as prazas son limitadas. O formulario de inscrición cos detalles está dispoñible na seguinte ligazón

 

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI