Serán'04 | Masterclass: “As Tarrañolas” con Xosé Lois Romero

Xosé Lois Romero é acordeonista, percusionista, compositor, produtor, divulgador e docente a partes iguais. A súa traxectoria está vinculada a algúns dos nomes e momentos máis importantes da historia recente da música galega, que inclúen dende os seus propios proxectos ata colaboración con artistas como Mercedes Peón, Dani Bellón, Coetus, Guadi Galego, Jane Joyd, Leilía, Susana Seivane, Orquestra de Jazz de Galicia ou Kepa Junkera, entre outros. Nesta masterclass descubriremos dun xeito sinxelo como tocar as tarrañolas, un xoguete musical aparentemente simple que agocha unha maneira moi especial de pensar e interpretar os ritmos.

As masterclasses do Serán'04 tratan cuestións peculiares ou moi especializadas de técnica vocal, pandeireta, percusión ou danza, e co profesorado máis destacado do momento: Felisa Segade, Olga Kirk, Montse Rivera, Luis Prego, Xurxo Fernándes, María Vidal ou Serxio Cobos, entre outros. Nesta edición inclúense contidos novidosos como unha clase de iniciación bordado ao cargo do mosdisto e especialista en traxe tradicional, Álex Regueiro, ou unha de iniciación á pandeireta para persoas con discapacidade. Podes ver o programa completo do encontro e os diferentes contidos formativos premendo AQUÍ.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Do 12 Nov - 13 Mar 2027
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h