Serán'04 | Masterclass: “O baile solto da Terra Cha” con Olga Kirk

Olga Kirk leva máis de 30 anos dedicada ao traballo de investigación etnógrafica de campo sobre a música e o baile tradicionais, e dedícase profesionalmente ao seu ensino. Foi mestra en multitude de asociacións e escolas municipais do país, e agora dedícase en exclusividade a ensinar na Asociación Cultural Donaire da Coruña, que dirixe desde a súa creación hai 25 anos. Nesta masterclass traballaranse os puntos máis característicos e coreografías da zona da Terra Cha. 

As masterclasses do Serán'04 tratan cuestións peculiares ou moi especializadas de técnica vocal, pandeireta, percusión ou danza, e co profesorado máis destacado do momento: Xosé Lois Romero, Montse Rivera, Luis Prego, Xurxo Fernándes, María Vidal ou Serxio Cobos, entre outros. Nesta edición inclúense contidos novidosos como unha clase de iniciación bordado ao cargo do mosdisto e especialista en traxe tradicional, Álex Regueiro, ou unha de iniciación á pandeireta para persoas con discapacidade. Podes ver o programa completo do encontro e os diferentes contidos formativos premendo AQUÍ.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
Convocatoria aberta
Do 9 de abril ao 8 de maio
19 abr 2026
Ás 17:00h
7 - 10 Mai 2026
Convocatoria pechada
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h