Serán'04 | Masterclass: "O baile no Caurel" con Miguel Sotelo

Miguel Sotelo exerceu a función de mestre e director en varias agrupacións galegas ao longo da súa traxectoria, entre as que cabe destacar Trébede e a A.C. Peis d'hos. Do mesmo xeito, imparte clases de baile tradicional galego en distintas asociacións culturais e seminarios de baile tradicional galego fóra de Galicia. Como bailarín participou na película "La Jota" de Carlos Saura, "Romería" de Carla Simón e "Irei a Darbo", curtametraxe que el mesmo dirixiu. Formou parte de proxectos escénicos como Projecto Trepia, GS21, Circio ou Quique Peón Cía e da A.C.F. O Fiadeiro. 

Neste obradoiro sobre o baile no Courel traballarase arredor do puntos e movementos característicos do baile solto no concello de Folgoso do Courel.

As masterclasses do Serán'04 tratan cuestións peculiares ou moi especializadas de técnica vocal, pandeireta, percusión ou danza, e co profesorado máis destacado do momento: Xosé Lois Romero, Felisa Segade, Olga Kirk, Montse Rivera, Luis Prego, Xurxo Fernándes, María Vidal ou Serxio Cobos, entre outros. Nesta edición inclúense contidos novidosos como unha clase de iniciación bordado ao cargo do mosdisto e especialista en traxe tradicional, Álex Regueiro, ou unha de iniciación á pandeireta para persoas con discapacidade. Podes ver o programa completo do encontro e os diferentes contidos formativos premendo AQUÍ.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Do 12 Nov - 13 Mar 2027
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h