Co gallo do Día das Letras Galegas 2025, volve á Cidade da Cultura a XI Carreira Camiño das Letras, organizada por Xurdir coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
Esta competición deportiva ten lugar o martes 17 de maio entre o Boqueixón e Santiago de Compostela co obxectivo de unir a práctica deportiva coa conmemoración do Día das Letras Galegas e co simbolismo do Camiño de Santiago.
A XI Carreira Camiño das Letras conta cunha proba absoluta que parte desde o Pico Sacro, seguindo a Ruta da Prata, ata a Cidade da Cultura e outra carreira de 5 km na contorna do Monte Gaiás. Ademais, haberá un circuíto para nenas e nenos de diferentes idades na Cidade da Cultura.
O prazo de inscrición está aberto ata o martes 14 de maio ás 23,59 horas na páxina de Carreiras Galegas.
- GALEGO
- CASTELLANO
- ENGLISH




















