A Fundación Sociedade Oncolóxica de Galicia (SOG) organiza co laboratorio Roche España a xornada Oncofeedback 2023, que baixo o título «A arte das redes sociais» abordará diversos aspectos relacionados coa comunicación nestas plataformas.
A xornada inclúe unha charla a cargo do profesor de innovación e tecnoloxía da IE Business School Enrique Dans, e un debate-coloquio posterior no que canda el participarán Javier Pumares Pérez, do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, e Antía Cousillas Castiñeiras, do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra. Modera Martín Lázaron Quintela, do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
O evento desenvólvese o 1 de febreiro a partir das 16.30 horas na Sala 10 do Edificio Fontán na Cidade da Cultura. A inscrición pode realizarse a través do seguinte FORMULARIO en liña.

























