Premio Arume de Poesía para a Infancia

O Premio Arume de Poesía para a Infancia foi creado por Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda coa finalidade de apoiar a poesía infantil e que tivo a súa primeira edición hai xa vinte anos. Retómase agora como unha iniciativa conxunta entre GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil),  a empresa Deleite e a Fundación Xosé Neira Vilas

Foi, no seu momento, o único certame de poesía para a infancia en Galicia, feito que lle confería un brillo especial (e dúas décadas máis tarde continuaría a selo). Nel participaron escritores e escritoras consagradas, e tamén noveis.

No tocante a GÁLIX, sección galega da OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil) e representación do ámbito lingüístico galego no IBBY (International Board on Books for Young People), recolle entre as súas finalidades a “visibilización” do libro infantil e xuvenil en galego, e dentro deste obxectivo, o de promover aqueles xéneros que por diferentes razóns resultan “minorizados” no campo da edición comercial.

A poesía, dentro da literatura infantil, é un dos xéneros (xunto co teatro) que conta cun menor número de títulos publicados; por esta razón, GÁLIX tenta compensar este desequilibrio por medio de diferentes medidas que poidan servir de reforzo e patrocinio, facilitando así unha maior presenza da poesía e posibilitando un equilibrio necesario dentro do sistema literario galego.

Neste momento, a Fundación Xosé Neira Vilas e GÁLIX, suman esforzos para manter vivo o certame literario, xa que contan co patrocinio de Deleite, unha empresa galega recoñecida polo seu compromiso coa calidade do seu produto, mais tamén coa identidade do mesmo, coa lingua e coa cultura, coa nosa literatura, co noso cinema, co noso teatro, coa nosa música e con todas e cada unha das actividades e proxectos nos que a combinación sexa cultura / lingua galega – infancia / xuventude.  

Fundación Xosé Neira Vilas, GÁLIX e Deleite, propoñen a recuperación e continuidade do “Premio Arume de Poesía para a Infancia”.

Ao longo do seu percorrido, no premio Arume de poesía resultaron premiados os seguintes traballos e creadores:

  • 2001. Lúa de pan, de Xosé María Álvarez Cáccamo.
  • 2003. A praia dos lagartos, de Helena Villar Janeiro.
  • 2005. Abracadabras, de Marica Campo.
  • 2007. Os cantos da rula, de Concha Blanco.
  • 2009. A princesa de Taramundi de Xoán Babarro.
    Mencións: Rosalía Morlán Viéitez. A coitada lúa, María Canosa Blanco, A porta dos soños
  • 2011. Patente de corso, de Rafa Villar.
    Mencións: Iolanda Castaño, Verdedades. Alberto Calvín Corredoira, Flor de abruñeiro
  • 2013. Cantigas para volver a soñar, de María Xosé Lamas.
    Mencións: Antón Cortizas, Cando as follas voan. María Canosa, O libro dos medos que non o son. Xosé Luna Sanmartín, Versos e bicos.
  • 2015. Soños de nenos de Mónica Inés Varela Gestoso.
 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI