Demoday Coworking Igape-EOI | 6ª edición

A Cidade da Cultura de Galicia acolle a presentación dos proxectos emprendedores que completaron a sexta edición do Coworking IGAPE-EOI. Neste espazo de coworking no Gaiás, promovido pola Xunta de Galicia, a través do Igape e en colaboración coa Escuela de Organización Industrial (EOI), unha vintena de iniciativas de emprendemento recibiron -entre marzo e setembro de 2022- formación, asesoramento e titoría na posta en marcha das súas iniciativas empresariais.

A aceleradora centrouse no sector cultural e das TIC, áreas nas que se especializa precisamente o Centro de Emprendemento do Gaiás (CEM). Durante a súa estancia, as persoas emprendedoras participantes formáronse en temáticas como lean startup, márketing dixital, branding creativo, marca persoal, ferramentas de venda, vías de financiamento ou optimización da comunicación, a través de 12 obradoiros específicos. Contaron ademais con 40 horas de titorías individualizadas, enfocadas no desenvolvemento de cada unha das súas propostas.

Finalmente, terán a oportunidade de amosar os seus produtos no demoday que hoxe pon fin a esta experiencia formativa, no que cada participante disporá dun tempo moi breve para dar a coñecer a súa iniciativa emprendedora. Todas elas son proxectos empresariais en fase temperá de desenvolvemento, ou empresas de moi recente creación.

A participación neste programa é de balde, froito da colaboración entre a Xunta (a través do Igape) e a Escuela de Organización Industrial (EOI), fundación adscrita ao Ministerio de Industria, Comercio y Turismo. A actividade conta coa colaboración da Cidade da Cultura e a cofinanciación do Fondo Social Europeo.

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h