AJE Galicia promove a xornada formativa 'Latexos de benestar: técnicas e ferramentas médicas para xestionar o estrés e os problemas de saúde de maneira eficaz en contornas laborais", o día 17 de xuño no Espazo OFF da Cidade da Cultura.
O obxectivo é que os participantes adquiran ferramentas para fortalecer o seu benestar e autoliderazgo en tempos de crises, incerteza e contornas VUCA. Mediante a utilización de técnicas neuroeducativas para dar unha perspectiva de saúde e autodesarrollo para quen queira liderar a súa vida.
A xornada será impartida por David Pérez e Ana García, co-fundadores de LeaderAngle. Ambos son enfermeiros de profesión e revolucionarios na utilización da ciencia como ferramenta para vivir mellor. O seu labor de investigación xunto á formación e experiencia en neurociencia, autoxestión e habilidades interpersoais permítelles fomentar o autocoidado das persoas e impulsar o benestar das organizacións.
























