O vindeiro mércores 25 de maio o Ed. Fontán acolle o seminario «New Perspectives for the Study of Historic Landscapes». Organizado polos docentes da USC Jose Carlos Sánchez Pardo e Lourenzo Fernández Prieto, no encontro participarán Sam Turner (Newcastle University), Tim Kinnaird (Saint Andrew's University), Francesco Carrer (Newcastle University) e Filippo Brandolinni (Newcastle University).

O Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) é un centro interuniversitario de investigación de nova xeración, integrado no Sistema universitario de Galicia. Instalado no Edificio Fontán da Cidade da Cultura, o CISPAC alberga a máis de 200 investigadores e dispón das ultimas tecnoloxías de vangarda no eido do estudos de arqueoloxía, turismo, demografía, historia, xeografía ou economía da paisaxe.
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Mar - Dec 2026
Mai - Out 2026
Xuñ - Out 2026

























